martes, 26 de marzo de 2019

Noticia semana 1: Desaloxo instituto de Rianxo polo lume Forestal

 Ola  mundo!    
   
     Aquí está a miña tarefa 12,espero que vos guste.


   Noticia: Desaloxados o instituto e unha escola unitaria de Rianxo por precaución ante o lume forestal.


   Fontes de información:La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

   Resumo da noticia: En Rianxo, A Coruña houbo un incendio, sábese que comezou en Dodro e chegou a Rianxo. Provocouse debido a que unha torre de alta tensión, soltou unha chispa que caeu nas  follas secas dunha árbore, caeu no murador do Bexo. O lume segue segue prendendo. O lume forestal pode verse dende o outro lado da ría. Están traballando dende bombeiros ata veciños. Os mozos do instituto Félix Muriel e a escola unitaria de Rañó foron evacuadas.

      Opinión crítica: Non me gustan os lumes forestais e aínda por  riba na miña comarca, é unha desgracia debido aos árbores que eles dánnos osíxeno. Tamén que agora todos os telexornais vanse centrar nesta e non noutras cousas que tamén son iguais de importantes.




Imaxe de Skeeze en Pixabay
        
















xoves, 21 de marzo de 2019

Arrancamos


Ola amigos!

Hoxe toca falar dos meus hobbies:

  1. O fútbol, son xogador deste deporte, xogo nas Escolas Deportivas de Fùtbol de Boiro, e tamén pasei por un equipo, o Crocha. Este deporte encántame debido a que xogan meus curmáns, entón xoguei e non puiden parar de correr detrás do balón.
  2. As series, por exemplo as de policías, como "Mentes Criminales", é unha das que máis me gustan. Por que me gustan vos estaredes preguntando, pois porque é incrible como deducen os asasinatos e son moi listos, e así aprendo a defenderme.
Deica logo raparigas e raparigos.✋
  
Imaxe de Pixabay en Pixabay




O comezo

Boas a todas e todos!

Vou escribir o que vou subir o meu blog:

  1. Tarefas de galego e ITI (Investigación e Tratamento da Información).
  2. Os meus hobbies, por exemplo o meu deporte favorito.
  3. Tamén vou falar sobre cousas que pasaron por onde vivo eu.
  4. Cousas de tecnoloxía ou de outras cousas que me parezan interesantes.
  5. Tamén sobre novas do blog, como o meu novo saúdo.


Imaxe de Pixabay