mércores, 10 de abril de 2019

O meu novo saúdo

 Ola panditas galegos!🐼😛



       Este vai ser meu novo saúdo, quero ter un saúdo asegurado e ser orixinal, tranquilos vos tamén ides ter un mote, aínda teño que pensar cal vai ser, pero pode ser panditas, debido ao noso xogador galego Borja Igleisas ex-xogador do Celta de Vigo e o Zaragoza, actualmente xoga no Español, como di o nome en España. Podedes deixar algún mote ou un saúdo, pero espero que vos guste o que vas acabo de poñer, porque a min encántame.



 Abur panditas❗🐼




Imaxe de Pixabay      

Falamos sobre Blogger



    Boas de novo!



     Hoxe imos falar sobre Blogger, sobre todo vou falar dunha pregunta. Por que creei un blog?


     Miña profesora de galego e ITI mandoume creálo, agora que xa o teño gústame moito, pero unha cousa que me falla e que non teño moito tempo para subir cousas. Pero agora estou aquí e iso e o importante, gusteríame moito  que deixedes nos comentarios cousas que suba no meu blog, así que xa podedes empezar a falar. Cando quierades.


 Abur❗





Imaxe de Pixabay         

xoves, 4 de abril de 2019

Noticia semana 2: Hacienda reclámalle a unha rapaza de 16 anos o 19% dun premio académico

 

        Ola de novo galegos e galegas!

     
       Aquí está miña nova tarefa, espero que vos guste.




  • Noticia:  Hacienda quere quitarlle a unha meniña de 16 anos o 19% dun premio académico.


  • Resumo: Unha nena de 16 anos chamada Inés Carrión, sacou todo deces menos na clase de debuxo, entón lle deron o premio extraordinario de ESO. Pasou o tempo e foi ao buzón e encontrou unha carta que dicía que lle tiña que entregar a Hacienda o 19% do seu premio, o premio foron 750  euros e se lle quitamos o 19%, son 142,5 euros. O pai fixo unha reclamación formal pero non  conseguiu nada. 
   
  
  • Opinión crítica: Non me parece normal que unha meniña faga tanto traballo e despois díganlle o que lle acaban de dicir tanto esforzo que fixo para nada. Esta merécese un verán polo que din e teñen moita razón.





     


mércores, 3 de abril de 2019

Regueifas


     Copla 1 

   - Iremos todos xuntiños
   - a reguifa hai que cantar
   - esta copla é perfecta
   - e iso nunca vai cambiar.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
    Copla 2

   - Ponte a prenda de roupa
   - que a vas necesitares
   - eu o sei que son moi sabio
   - marcho que chove a mares.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------   
    Copla 3

    - Xa sei que tes un amante
    - eu serei un bo cantante
    - miña muller fascinante,
    - ti es un bo mareante.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Copla 4
  
   - Hoxe todos imos xantar
   - está mala a pataca
   - facemos unha festiña
   - imos tocar a maraca.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


  Copla 5

  - Para nós ese homiño
   - é demasiado forte
   - el ven de confiado que   - facémoslle un bo corte.


---------------------------------------------------------------------------------

 Copla 6

  - Mentres dormes sempre igual
  - volves a caer da cama
  - se eu me sento nun banco
  - neste intre caes da rama.


---------------------------------------------------------------------------------

Copla 7
  
  - Collemos o bolígrafo
  - corriximos co vermello
  - a cor da chaqueta
  - dentro estaba ese vello.

---------------------------------------------------------------------------------

Copla 8
    
   - O mellor é a saúde    - isto é moi orixinal
   - quero a miña familia
   - iso non está nada mal.  

martes, 2 de abril de 2019

Proceso xudicial de " El Chicle"

     
Ola a todos e todas!                                                                                                                                                                                                                                                                                                   
   Aquí está  o meu primeiro vlog.
      
     Neste vídeo hai cousas importantes do caso de Diana Quer.💬
 
    - Diferenciar vlog e blog.

    -Opinión crítica.💭

    - Resumo.





Saúdos!👐🙋




martes, 26 de marzo de 2019

Noticia semana 1: Desaloxo instituto de Rianxo polo lume Forestal

 Ola  mundo!    
   
     Aquí está a miña tarefa 12,espero que vos guste.


   Noticia: Desaloxados o instituto e unha escola unitaria de Rianxo por precaución ante o lume forestal.


   Fontes de información:Voz de Galicia e O correo galego.

   Resumo da noticia: En Rianxo, A Coruña houbo un incendio, sábese que comezou en Dodro e chegou a Rianxo. Provocouse debido a que unha torre de alta tensión, soltou unha chispa que caeu nas  follas secas dunha árbore, caeu no murador do Bexo. O lume segue segue prendendo. O lume forestal pode verse dende o outro lado da ría. Están traballando dende bombeiros ata veciños. Os mozos do instituto Félix Muriel e a escola unitaria de Rañó foron evacuadas.

      Opinión crítica: Non me gustan os lumes forestais e aínda por  riba na miña comarca, é unha desgracia debido aos árbores que eles dánnos osíxeno. Tamén que agora todos os telexorn vanse centrar nesta e non noutras cousas que tamén son iguais de importantes.




         Imaxe de Pixabay
















xoves, 21 de marzo de 2019

Arrancamos


Ola blogueiras e blogueiros!

Hoxe toca falar dos meus hobbies:

  1. O fútbol, son xogador deste deporte, xogo nas Escolas Deportivas de Fùtbol de Boiro, e tamén pasei por un equipo, o Crocha. Este deporte encántame debido a que xogan meus curmáns, entón xoguei e non puiden parar de correr detrás do balón.
  2. As series, por exemplo as policíacas, como "Mentes Criminales", é unha das que máis me gustan. Por que me gustan vos estaredes preguntando, pois porque é incrible como deducen os asasinatos e son moi listos, e así aprendo a defenderme.
Deica loguiño raparigas e raparigos.✋





Imaxe de Pixabay